«A morte de amor en Roi Queimado»


Autor Pérez Varela, Carlos

Título A morte de amor en Roi Queimado

Otros autores A. Englebert et al.

Título revista/libro Actes du XXIIe Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes (Bruxelles, 1998)

Ciudad Tübingen

Editorial Max Niemeyer Verlag

Año 2000

Volumen vol. 5

Páginas 103-106


Resumen
Partindo das valoracións xeralmente negativas que ofreceron sobre o poeta os primeiros editores e estudosos da escola, en parte pola súa reiteración do tópico da «morte por amor», o autor do artigo acude á base de datos do Centro Ramón Piñeiro e comproba como en máis da metade das cantigas de amor os termos morte ou morrer están presentes nunha ou en máis ocasións. Sen negar o exceso do seu uso por Roi Queimado, chama a atención sobre o seu talante irónico e conclúe dicindo: «o cancioneiro de Roi Queimado está presidido pola visión irónica ou burlesca das convencións da súa escola e das distitnas situacións amorosas, entre as ales está o recurso ao tópico da morte de amor, mais tamén a falta de sinceridade -que é consecuencia da ficción poética-, a lectura do cancionerio queimadino no seu conxunto aparece á fin moi diferente de como nos foi presentado polos primeiros editores dos cancioneiros» (p. 106)

Loading