«Formação do Cancioneiro da Ajuda e sey parentesco com ω e α»


Autor Penafiel, André B.

Título Formação do Cancioneiro da Ajuda e sey parentesco com ω e α

Otros autores coord. I. Tomassetti. Ed. R. Alviti -A. Garribba -M. Marini -D. Vaccari. Colab. M. Nogués - I.Turull

Título revista/libro Avatares y perspectivas del medievalismo ibérico

Ciudad San Millán de la Cogolla

Editorial Cilengua

Año 2019

Volumen 1

Páginas 421-438

Colección Instituto Literatura y Traducción, 23. Miscelánea, 10


Resumen
O stemma codicum da lírica profana galegoportuguesa é ben coñecido: establecido nas súas liñas xerais por Tavani, sufriu, despois dos estudos de D’Heur, Gonçalves e Ferrari, unha profunda revisión no que se refire á Tavola Colocciana e aos dous cancioneiros italianos. O diagrama máis simple, hoxe comunmente aceptado, permanece inalterado no que respecta á relación entre o Cancioneiro da Ajuda e o seu arquetipo. Noutrora supoñíase que o último caderno do Cancioneiro da Ajuda estaba composto por folios de diferentes cadernos extraviados, presentando o manuscrito no seu final unha enorme lagoa. Porén, desenvolvementos recentes revelaron que esta hipótese era incorrecta. Na presente comunicación proponse que os derradeiros tres cadernos do Cancioneiro da Ajuda conteñen un conxunto de características que os diferencian dos outros que conforman o códice. Tras esa primeira constatación, proponse a revisión do stemma codicum, cinguindo a análise aos procesos de compilación que se agochan tras eses cadernos finais. Preténdese así demontrar que o Cancioneiro da Ajuda, lonxe de ser copia servil dun manuscrito base, foi un proxecto de compilación complexo e dinámico

Loading