«Os sinais abreviativos em B: tentativa de sistematização»
Autor Pedro, Susana Tavares
Título Os sinais abreviativos em B: tentativa de sistematização
Otros autores coord. I. Tomassetti. Ed. R. Alviti -A. Garribba -M. Marini -D. Vaccari. Colab. M. Nogués - I.Turull
Título revista/libro Avatares y perspectivas del medievalismo ibérico
Ciudad San Millán de la Cogolla
Editorial Cilengua
Año 2019
Volumen 1
Páginas 411-419
Colección Instituto Literatura y Traducción, 23. Miscelánea, 10
Resumen
No marco do proxecto Paleografía, Linguística e Filoloxía. Laboratorio online da Lírica Galegoportuguesa (Coordinado por Pilar Lorenzo Gradín, Universidade de Santiago de Compostela) - FFI2015-68451-P (MINECO/FEDER), e no decurso da preparación da transcrición paleográfica dos testemuños medievais e renascentistas da lírica galegoportuguesa, fíxose evidente a necesidade de abordar o estudo paleográfico de B (Cancioneiro Colocci- Brancuti, Biblioteca Nacional de Lisboa, Cod. 10991) por seccións, é dicir, illando prácticas gráficas características de cada un dos copistas. Esta abordaxe xustifícase polo feito de que B é o resultado do trabalho de copia de individuos con diferentes graos de competencia na lectura e na comprensión da lingua e da escrita dos modelos, xa que estes pertencerían a unha tradición gráfica distinta da súa. Tamén se xustifica polas diferenzas gráficas notorias entre copistas, que dificultan os intentos de sistematizar prácticas paleográficas comúns á totalidade do manuscrito. A identificación dos cinco copistas de B fora realizada por Anna Ferrari (1979: 81-89), así como a caracterización sumaria dos trazos paleográficos de cada man. Partindo dese traballo, preténdese agora o estudo dos sinais abreviativos empregados por cada un dos copistas. Os obxectivos son: identificar prácticas ou tendencias individuais na copia dos sinais abreviativos e percibir e, se é posible, establecer unha correspondencia rigorosa entre as formas abreviativas
![]()
