«Responsion, accentual metrics and metrical irregularity in the cantigas de amigo»


Autor Parkinson, Stephen

Título Responsion, accentual metrics and metrical irregularity in the cantigas de amigo

Título revista/libro Revista Galega de Filoloxía

Año 2020

Volumen 21

Páginas 91-137

Enlace DOI: https://doi.org/10.17979/rgf.2020.0.7343


Resumen
O autor responde a traballos previos de R. Cohen, nos que este defendía a existencia de parellas de versos ou estrofas nas cantigas de amigo, as cales compartían un mesmo esquema métrico que as singularizaba no interior da composición, dando lugar a un fenómeno métrico ao que denominaba external responsion. Pola contra, no presente artigo deféndese que a anomalía desas parellas de versos son consecuencia do paralelismo e do leixaprén característico dalgunhas das cantigas dese xénero e consideráse que esas estrofas diverxentes constitúen exemplos de ruptura das estruturas poéticas dos poemas, coa fin de crear efectos de tensión ou sorpresa. Para levar a cabo a súa argumentación o autor válese da distinción que Jakobson estableceu dentro das composicións poéticas entre o deseño do verso, o deseño estrófico e o deseño do propio do poema. As cantigas que son analizadas como exemplo do fenómeno poético analizado pertencen a Nuno Fernandez Torneol, Roi Martinez do Casal, Estevan Coelho, Fernand'Esquio, Pero Meogo, D. Dinis, Fernan Gonzalez de Portocarreiro, Airas Nunes e Martin Codax

Loading