Historia da Santa Igrexia de Iria. Manuscrito galego do século XVIII
Autor Otero Romero y Torres, Pedro de
Título Historia da Santa Igrexia de Iria. Manuscrito galego do século XVIII
Editor edición e introdución de Bieito Arias - Camiño Noia
Ciudad Vigo
Editorial Universidade de Vigo
Año 2011
Páginas 321
Resumen
Os autores editan un manuscrito, recentemente descuberto na Biblioteca Nacional de Madrid, cunha historia en galego da Igrexa de Iria e da súa traslación a Santiago, anotada en castelán polo erudito citado e con numeroso aparato de autoridades. O texto galego resulta ser unha versión alternativa e interpolada da Crónica de Iria, en edición anotada quizais coa fin de consolidar a posición de Santiago como Patrón de España. A súa lingua revela tanto elementos medievais, seguramente procedentes da versión orixinal, como aspectos innovadores, útiles para o estudo do galego moderno. As fontes aducidas e os comentarios das abundantísimas notas marxinais resultan un testemuño moi interesante da erudición do século XVIII
![]()
