«À volta da tradição manuscrita das cantigas de Martim Codax»
Autor Oliveira, António Resende de
Título À volta da tradição manuscrita das cantigas de Martim Codax
Otros autores A. Rodríguez Guerra - X. B. Arias Freixedo
Título revista/libro The Vindel Parchment and Martin Codax / O Pergamiño Vindel e Martin Codax. The Golden Age of Medieval Galician Poetry / O esplendor da poesía galega medieval
Ciudad Amsterdam - Philadelphia
Editorial John Benjamins Publishing Company
Año 2018
Páginas 51-67
Resumen
Traza un percorrido dos intentos de clasificación da produción codasiana no seo da tradición textual da lírica galegoportuguesa, dende os primeiros traballos que levou a cabo Carolina Michaëlis de Vasconcelos. Porén, non é ata mediados do século XX que ese estudos textuais acadan un novo pulo. Neses anos aínda autores como Filgueira Valverde aceptaban as propostas de clasificación de dona Carolina, aínda que en 1967 Giuseppe Tavani reconsiderou o conxunto dos testemuños textuais trobadorescos e propuxo unha nova clasificación da tradición manuscrita. En 1994 o propio Resende de Oliveira formularía unha nova hipótese. Nela identificaba unha compilación parcial, á que denominou Cancioneiro de xograres galegos, na que se integrarían as cantigas de Martin Codax. Tamén se teñen en conta as hipóteses de Barbra Spaggiari, que segue as propostas de Tavani, con lixeiras emendas, e as de Manuel Pedro Ferreira e Rip Cohen, que buscan esclarecer o proceso de integración das sete cantigas codasianas no seo dos cancioneiros colectivos
![]()
