«A orixe literaria do nome da Coruña»
Autor Navaza, Gonzalo
Título A orixe literaria do nome da Coruña
Título revista/libro Revista Galega de Filoloxía
Año 2016
Volumen 17
Páginas 119-164
Resumen
Traza a evolución toponímica da cidade da Coruña, na que se suceden tres xeitos de identificala. O máis antigo coñecido, Brigantium, de orixe celta; Faro, que podería remontar alomenos ao ano 572, segundo o testemuño do Cronicón iriense e que conviviu varios séculos con Brigantium; e, por fin, Coruña. Faro foi o nome máis coñecido entre os séculos XII e XIII, cando foi usado por Al-Idrisi ou Ximénez de Rada, ata que en 1208 Afonso IX rebautizou a localidade. O devandito cambio onomástico relaciónase co da vila de Erizana en Baiona, que se data así mesmo a comezos do século XIII, e contextualízase con outros casos semellantes de retoponomización real. Entre eles destaca o de Benavente, que Fernando II adoptara tomando como modelo o nome da cidade italiana de Benevento. O desta vila zamorana constitúe un exemplo de mudanza onomástica a partir dunha fonte libresca, igual que sucedeu no caso de Coruña, cuxa inspiración estaría nun hápax contido na Historia Turpini, na versión do Codex Calixtinus, ao falar das conquistas españolas de Carlomagno. Ademais dos motivos que levaron a esta retoponomización, que se ligan á política dos reis castelán-leoneses fronte á lenda do dominio de Carlomagno sobre a Península e ao desenvolvemento do mito xacobeo, analízanse supostos testemuños documentais da forma Crunia, anteriores a 1208 e a existencia en Galicia doutras Coruñas
![]()
