«Ripetizione, parallelismo e leixapren: il testo e la musica»
Autor Nagy, Ella Bernadette
Título Ripetizione, parallelismo e leixapren: il testo e la musica
Título revista/libro Ars Metrica
Año 2012
Volumen 5
Colección www.arsmetrica.eu
Resumen
O estudo dos esquemas métricos coreográficos da lírica románica permite un exame comparado entre as formas presentes nas diversas tradicións poéticas e as que se observan na lírica galegoportuguesa. Nesta última cómpre distinguir aquelas cantigas que conteñen estruturas con esquemas bailables daqueloutras con alusións á danza, que, aínda que amosan certa diversidade estrófica, si que conteñen trazos formais en común. A análise destas composicións permítelle concluír á autora que no trobadorismo galegoportugués o vocábulo bailada pode referirse tanto á danza como a un tipo de peza cantada que estaba destinada ao baile, a bailada, aínda que non posuía unha forma métrica fixa e á que, de feito, a partir dos datos que ofrecen os cancioneiros, non se lle poden adxudicar unhas características precisas. A segunda parte do traballo interésase pola función que desenvolvía a música en esquemas paralelísticos deste tipo, incluíndo o leixaprén, en tanto que a análise da estrutura melódica permite comparar os textos galegoportugueses con refrán intercalado, o que abrangue así mesmo as Cantigas de Santa María, coas dansas occitanas ou os rondeaux franceses. Ademais de composicións do cancioneiro mariano de Afonso X, póñense exemplos con cantigas de Airas Nunes, Johan Zorro, Pero Viviaez, Martin Codax Martin de Ginzo ou os lais de Bretanha
![]()
