«A propósito de momo e corpo carnavalesco: de Joan Baveca e a sátira galego-portuguesa ao Cancioneiro geral»
Autor Morán Cabanas, María Isabel
Título A propósito de momo e corpo carnavalesco: de Joan Baveca e a sátira galego-portuguesa ao Cancioneiro geral
Título revista/libro Cuadernos de Estudios Gallegos
Año 2021
Volumen LXVIII
Fascículo 134
Páginas 125-156
Enlace DOI: https://doi.org/10.3989/ceg.2021.134.04
Resumen
Analiza a presenza do devandito termo na cantiga Pero d'Ambroa, sodes maiordomo de Johan Baveca (B 1457 / V 1067), que constitúe un hapax da lírica galegoportuguesa e cuxa clarificación contribuiría así mesmo á interpretación correcta desa composición. A autora relaciona o vocábulo coa figura do deus Momo, de orixe grega, e coa tradición da estética carnavalesca, que a miúdo asocia o rostro humano co cu e os xenitais. Así, a partir da ligazón do nariz co pene, pescuda nas posibles alusións á homosexualidade que podería agochar a cantiga. Como complemento, aténdese á perspectiva que ofrece a corte portuguesa do século XV, na que existía grande interese polas formas paradramáticas, como sería o momo. Nese contexto cultural, o Cancioneiro Geral contén varias testemuñas sobre a celebración de momos e sobre o carácter humorístico que adoitaban asumir. Sinala algún caso de caricaturización en momos da produción de Garcia de Resende, que se pode relacionar coa estética carnavalesca das cantigas satíricas galegoportuguesas. Ofrécense exemplos tomados da produción poética de Pero d'Armea, Pero d'Ambroa ou Gonçal'Eanes do Vinhal e do propio Garcia de Resende
![]()
