«A propósito de momo e corpo carnavalesco: de Joan Baveca e a sátira galego-portuguesa ao Cancioneiro Geral»
Autor Morán Cabanas, María Isabel
Título A propósito de momo e corpo carnavalesco: de Joan Baveca e a sátira galego-portuguesa ao Cancioneiro Geral
Título revista/libro Cuadernos de Estudios Gallegos
Año 2021
Volumen 68
Fascículo 134
Páginas 125-156
Enlace https://doi.org/10.3989/ceg.2021.134.04
Resumen
O artigo ten por obxectivo proporcionar unha reflexión sobre a orixe e o sentido contextual da expresión momo na súa única ocorrencia na lírica trobadoresca, localizada concretamente nunha cantiga que Johan Baveca dirixe a Pero Garcia d’Ambroa (B1457, V1067). Esta pode recoñecerse como unha das composicións conservadas que permiten observar o contacto entre ambos os autores, ás que tamén se fai referencia no estudo. Examina, así mesmo, o Cancioneiro Geral de Garcia de Resende, onde se presenta con diversos significados. Neste cancioneiro ocorre tamén no contexto do rebaixamento corporal, e igualmente con fins humorísticos, aínda que son predominantes as referencias que remiten a unha tradición (pre)teatral. De tal modo, efectúase un confronto entre a ocorrencia e o valor na cantiga satírica de Johan Baveca e outras ocorrencias en documentos do século XIII e textos literarios posteriores, destacadamente o Cancioneiro Geral
![]()
