«Las "entradas en la Vega" de Granada en la literatura medieval»


Autor Montoya Martínez, Jesús

Título Las "entradas en la Vega" de Granada en la literatura medieval

Título revista/libro Revista del Centro de Estudios Históricos de Granada y su reino. Segunda época

Año 1999-2000

Volumen 13-14

Páginas 339-364


Resumen
Á luz dos sucesos relatados na Crónica de Alfonso X, algúns dos cales tamén son lembrados nas Cantigas de Santa Maria, o autor propón dividir en dous grupos as cantigas de escarnio relativas á guerra de Granada; por unha parte estarían as relativas aos coteifes (cabalaría vilá, pouco preparada) e nas cales aparecen mencionados frecuentemente os genetes e por outra as que se referen aos ricos-homes. As primeiras, de carácter xocoso, ridiculizan a indumentaria, ou o pouco valor e a falta de coñecementos militares desta milicia bizarra, en canto que as segundas son duros maldicires contra os ricos-homes do reino que, abandonando as súas obrigacións militares non se presentaron ao apelido, regresaron ás súas terras tras cobrar do rei, pasaron ao inimigo ou voltaron as grupas para Castela para tomar parte nunha rebelión contra o monarca

Loading