«Afonso o Sabio na lírica trobadoresca galego-portuguesa: da histoira literaria á política cultural»


Autor Monteagudo, Henrique

Título Afonso o Sabio na lírica trobadoresca galego-portuguesa: da histoira literaria á política cultural

Otros autores J. M. Andrade - S. R. Doubleday

Título revista/libro Galicia no tempo de Afonso X

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Consello da Cultura Galega

Año 2021

Páginas 379-447


Resumen
Revisa o papel desenvolvido por Afonso X na evolución histórica da lírica trobadoresca, para o que se centra en tres aspectos principais: o lugar que ocupou a xograría galega na súa corte, as implicacións políticas da poesía trobadoresca durante o seu reinado e o lugar senlleiro que no proxecto de promoción rexia asumiron as Cantigas de Santa María. Respecto do primeiro aspecto, salienta o auxe que acadaron os xograres galegos na corte afonsí, que mesmo conseguiron a miúdo un recoñecemento que lles permitiu actuar como compositores das súas propias cantigas e non como simples executantes de obras alleas. A aparición da figura do segrel sería, así mesmo, un indicio desa promoción. No segundo aspecto, destácanse diversas situacións e conflitos que propiciaron o cultivo da sátira política, que chegou a se converter nunha das manifestación poéticas máis salientables da súa produción. Polo que se refire ao cancioneiro mariano, do que se expoñen as sucesivas fases compositivas, examínanse os vínculos que mantén con outras manifestacións do programa de exaltación rexia, por exemplo, os encomios da liñaxe real, que incluíu os de Fernando III e Beatriz de Suabia. Igualmente obsérvase como a xeografía miraculística desas cantigas buscaría a promoción doutros santuarios de peregrinación, tanto no norte como no sur do reino, que non fosen o de Compostela. Deste último destácanse, pola contra, as complexas relacións que mantivo co Rei Sabio. O traballo conclúe cunhas reflexións acerca dos motivos que impulsaron a Afonso X a escribir en galego e cun apéndice que contén unha escolma de cantigas do rei e de trobadores da súa corte

Loading