A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia da primeira metad do século XIII. A personalidade histórica do trobador Johan Soayrez Somesso. Os trobadores Afonso Soarez Sarraça e Estevan Fayan


Autor Monteagudo, Henrique

Título A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia da primeira metad do século XIII. A personalidade histórica do trobador Johan Soayrez Somesso. Os trobadores Afonso Soarez Sarraça e Estevan Fayan

Ciudad Noia

Editorial Toxosoutos

Año 2014

Páginas 172

Colección Serie Trivium


Resumen
Dúas mandas testamentarias do mosteiro ourensán de Melón sérvenlle ao autor como punto de partida para esta pescuda sobre as fases de implantación e de primeiro desenvolvemento da tradición lírica galegoportuguesa. A área xeográfica sobre a que se centra abrangue a coñecida como Terra de Toroño, no suroeste de Galicia, e mais bisbarras limítrofes da provincia de Ourense e norte de Portugal. Propónse que o cabaleiro que aparece nesas mandas baixo o nome de Johan Soarez de Chapela é en realidade o trobador Johan Soayrez Somesso. O diplomatario do devandito mosteiro de Melón, xunto ao cartorio de Oseira, o Tombo de Fiães e nobiliarios portugueses botan luz sobre a rede de relacións que estableceron as casas nobiliarias desa zona xeográfica durante o século XII e a primeira metade do XIII, como os Nóvoa, Fornelos, Valadares, Fayan ou Soverosa. Delas emerxen datos referidos a outros trobadores, como Afonso Soarez Sarraça e Estevan Fayan, pero tamén novas sobre o burgo de Ribadavia e a vinculación que o futuro Afonso X mantivo con esa vila. Eses contactos resultarían fundamentais para entender a implicación do rei Sabio na promoción da lírica galegoportuguesa

Loading