«Nas orixes da lírica trobadoresca galego-portuguesa»
Autor Monteagudo, Henrique
Título Nas orixes da lírica trobadoresca galego-portuguesa
Otros autores coord. F. López Alsina - H. Monteagudo - R. Villares - R. Yzquierdo Perrín
Título revista/libro O século de Xelmírez
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Consello da Cultura Galega
Año 2013
Páginas 387-437
Resumen
Aborda o xurdimento da lírica galegoportuguesa e a fase do seu desenvolvemento inicial, tendo en conta as seguintes premisas metodolóxicas: a devandita tradición poética foi un fenómeno cultural esencialmente galego -considera a denominación «galegoportuguesa» unha distorsión estato-nacionalista-; de base social nobiliaria; cunha vía de expresión oral, o que provocaría un desfase entre a produción e a conservación do corpus poético a través do soporte escrito; e cun punto de inicio que debe ser recuado ata ca. 1175. Tras analizar a representación de xograres na arte galega contemporánea -que vincula co cultivo das cantigas de santuario- o autor achégase ao proceso de difusión da lírica occitana polo centro e o occidente peninsulares e as canles polas que lles chegaría aos primeiros trobadores ibéricos. Cuestiona que tal contacto se producise nun núcleo produtor ubicado no centro-oriente de Península -como propón parte de crítica- e, a continuación, analiza a rede de relacións familiares que uniría aos primeiros trobadores coñecidos, cuxos nomes reproduce a Tavola Colocciana (nunha listaxe que empeza con Aira Moniz d'Asme e chega ata Roi Gomez o Freire). Conclúe que o protagonismo desta primeira fase de desenvolvemento lle corresponde á nobreza do norte e sur do Miño, na que destacaría a liñaxe dos Traba
![]()
