«Una aproximación pragmática, comunicativa y cognitiva a la ironía, sátira y parodia en los trovadores occitanos»
Autor Medina Granda, Rosa Mª
Título Una aproximación pragmática, comunicativa y cognitiva a la ironía, sátira y parodia en los trovadores occitanos
Otros autores M. Brea - E. Corral Díaz - M. A. Pousada
Título revista/libro Parodia y debate metaliterarios en la Edad Media
Ciudad Alessandria
Editorial Edizioni dell’Orso
Año 2013
Páginas 15-37
Colección Medioevo Ispanico
Resumen
Adopta un enfoque pragmático-discursivo, que concibe os textos como elementos comunicativos e cognitivos, que operan no seo dun grupo no que se activan, coa comunicación literaria trobadoresca, a ironía, o humor, a intertextualidade e a parodia e no que asumen grande importancia elementos como a performance e o proceso de recepción. Segundo este punto de vista, a poética trobadoresca consiste nun xogo centrado nas regras convencionais que xera a cansó. E esas regras poden crebarse, na procura de novas canles expresivas, a través da ironía, o humor, etc, creando así novos xéneros, que á súa vez se convencionalizan e poden ser subvertidos. Este xogo discursivo crea, en fin, procesos cognitivos, nos que interveñen a revisión en clave irónica, paródica ou humorística dos textos, creando efectos de ecos textuais e inferenciais. Deste xeito, a análise da produción trobadoresca occitana segundo este método revela, así mesmo, as diferenzas e a vinculación que existen entre a parodia e a sátira, pero tamén axuda a definir como funciona o ethos pragmático, en relación con estes dous conceptos. O traballo alude a pezas de Marcabrú, Gavaudan e Cavaire e Bonafos
![]()
