«Alfonso X: Fuente de La buena guarda de Lope de Vega»
Autor McGrady, Donald
Título Alfonso X: Fuente de La buena guarda de Lope de Vega
Título revista/libro Bulletin of Hispanic Studies
Año 2011
Volumen 88
Fascículo 7
Páginas 719-726
Resumen
O autor estuda a comedia de Lope de Vega, La buena guarda, centrándose no problema das súas fontes literarias e a súa relación co tema, tal e como o desenvolve Lope. Intenta superar a pregunta que tradicionalmente se propón, cando se interpreta esta peza: ¿qué «libro devocional» foi utilizado por Lope para a súa composición? La buena guarda aborda a lenda da monxa que foxe do mosteiro co seu amante, pero que é substituída durante anos por Nosa Señora. As primeiras versións, moi coñecidas, deste conto inclúense nas coleccións de Cesáreo de Heisterbach (Dialogus miraculorum, 1473) e Johannes Herolt (Sermones discipuli o Promptuarium exemplorum, 1474), adaptacións que, moi probablemente, Lope coñecía. Porén, o autor sostén que o modelo manexado polo dramaturgo madrileño é, en realidade, unha versión máis extensa que as concisas relacións devotas de Heisterbach e Herolt. A análise dos elementos temáticos da comedia revela que unha gran maioría destes derivan das Cantigas de Santa María de Afonso X, en concreto das cantigas núm. 7, 55, 58, 59, 94 e 285, que tratan o motivo da monxa que mantén amores sacrílegos. A constatación desta influencia converte as Cantigas no posible modelo español de La buena guarda, a partir dos manuscritos de El Escorial j.b.2 e T.j.1, hipótese que, porén, o autor non puido verificar
![]()
