«Pecados secretos»
Autor Mattoso, José
Título Pecados secretos
Título revista/libro Sigila. Revue transdisciplinaire franco-portugaise sur le secret = Confessions / Confissões
Año 2000
Volumen 5
Páginas 31-60
Resumen
O milagre 17 das Cantigas de Santa María de Afonso X suxire que o crime «nefando» implica un segredo que non deve facerse público, baixo o risco de que a perturbación que resulte da súa divulgación sexa máis prexudicial que o seu castigo exemplar. Este principio, admisible nun réxime penitencial anterior á xeralización da confesión auricular, na primeira metade do século XIII, foi alterado por unha nova práctica da Igrexa no que se refire ás faltas secretas. A dificuldade que atopou Igrexa para impoñer este novo réxime reflíctese, sobre todo, nos exempla e milagres nos que aparece o demo que «posúe» alguén e cuxo carácter especialmente perturbador se manifesta por medio da súa capacidade para denunciar os pecados secretos dos membros dunha comunidade, provocando, así, unha grave perturbación pública. Para os predicadores que defenden os méritos da confesión auricular, o mellor antídoto contra divulgación pública dos pecados secretos dalguén é xustamente a súa revelación ao oído do confesor
![]()
