«De amor y de feudos: lectura jurídica del Cancioneiro da Ajuda»
Autor Martínez Martínez, Faustino
Título De amor y de feudos: lectura jurídica del Cancioneiro da Ajuda
Título revista/libro Moenia. Revista Lucense de Lingüística & Literatura
Año 2006
Volumen 12
Páginas 173-224
Resumen
O autor indaga nas relacións que existen entre o amor cortés e as estruturas xurídicas da Idade Media e o seu reflexo no vocabulario da lírica trobadoresca. Tras unha introdución na que se expoñen as relacións entre o Dereito e a cultura na que o amor cortés se desenvolve, o autor expón os grandes trazos que definen a fin'amors, así como os que caracterizan o feudalismo. Finalmente, centra a súa atención nos textos do Cancioneiro da Ajuda, do que analiza o vocabulario, rastrexando nel a interdependencia entre os diversos códigos sociais que se acaban de expoñer. Conclúe que, a pesar de que se observan lagoas interesantes, como a falta de calquera alusión ao feudo, o Dereito impregna todos os ámbitos da sociedade cortesá
![]()
