«Literatura e mecenado na Idade Media»
Autor Mariño Paz, Ramón
Título Literatura e mecenado na Idade Media
Otros autores A. Rodríguez Guerra - X. B. Arias Freixedo
Título revista/libro The Vindel Parchment and Martin Codax / O Pergamiño Vindel e Martin Codax. The Golden Age of Medieval Galician Poetry / O esplendor da poesía galega medieval
Ciudad Amsterdam - Philadelphia
Editorial John Benjamins Publishing Company
Año 2018
Páginas 103-117
Resumen
O autor repasa o sistema de mecenado na Galicia medieval, atendendo a aquelas instancias de poder que apoiaron a escritura de obras en galego. O principal obxectivo consiste en comprobar ata que punto é certa a crenza de que durante a Baixa Idade Media os mecenas da literatura en galego foron as cortes rexias peninsulares, interesadas na lírica trobadoresca, pero non a nobreza autóctona. O traballo tenta demostrar que tal hipótese está errada e, así, atribúelle ás liñaxes dos Lima, Andrade ou os Enríquez de Lemos a promoción da lírica serodia -Cancioneiro de Afonso Pérez-, pero tamén de diversas obras en prosa, tanto de ficción -Crónica troiana, Historia troiana, Libro de Tristán-, como historiográfica -Crónica xeral galega, Crónica de 1404-. Destaca igualmente o patrocinio exercido pola Igrexa, a través da Sé compostelá -Miragres de Santiago, Crónica de Santa María de Iria- ou da Orde de Frades Menores -tradución galega da Chronica XXIV generalium-. A conclusión é que o mecenado de obras en galego atinxiu as derradeiras décadas do século XV e implicou aos diversos sectores da aristocracia, tanto laica como eclesiástica
![]()
