Trovatori alla corte di Alfonso X. Afonso Mendez de Besteiros e Estevan Faian
Autor Marcenaro, Simone
Título Trovatori alla corte di Alfonso X. Afonso Mendez de Besteiros e Estevan Faian
Ciudad Roma
Editorial Aracne Editrice
Año 2013
Páginas 164
Resumen
Edición crítica e estudo dos trobadores Afonso Mendez de Besteiros e Estevan Faian, ambos activos no círculo poético de Afonso X de Castela. Para Afonso Mendez de Besteiros o autor supón unha primeira estadía en Castela nos anos seguintes á deposición de Sancho II (1246-48), integrado no séquito de Gil Martins Riba de Vizela, o seu señor, e unha segunda estancia nos anos '60 e '70, cando con toda probabilidade tomou parte nas campañas de reconquista de Afonso X. Os contactos que Besteiros mantivo con varios dos poetas documentados na contorna do rei Sabio, tales como Gonçal'Eanes do Vinhal, agroman nas peculiaridades formais comúns a un grupo de textos satíricos elaborados no círculo do monarca castelán en análogas circunstancias histórico-culturais, como o ciclo de poemas dirixidos aos alcaides que traizoaron o lexítimo rei Sancho II: «sembra insomma che un argomento di urgente attualità come quello degli alcaides tredores necessitasse una forma riconoscibile, forse associata a tipologie melodiche affini, per conferire maggior incisività al fine essenzialmente politico di queste pièces. E non è escluso che alcuni dei caratteri che più le connotavano, come gli stessi versi lunghi in un contesto di cantiga de refran, fossero intenzionalmente ripresi e rielaborati dall'altro grande autore di lirica a sfondo politico, Alfonso X El Sabio, che si avvale di simili strutture in diversi episodi del suo canzoniere satirico (p. 43)». Para Estevan Faian, autor dunha cantiga de escarnio que se inserta no célebre ciclo satírico de Fernan Diaz, pode supoñerse unha proximidade ao contorno do Infante Afonso de Castela nunha época comprendida posiblemente entre os anos que preceden a coroación e a primeira fase do reinado deste último. En efecto, a colocación de Estevan Faian no Cancioneiro da Ajuda, que en cambio non conserva ningunha das composicións de Besteiros, parece corroborar esta hipótese, porque os autores que preceden e seguen a Faian na compilación están todos documentados nunha época certamente anterior á data de 1280. Todos os textos desta edición van acompañados de comentarios e paráfrase. Completan o volume un glosario e un rimario
![]()
