«La rainha franca, Jeanne de Ponthieu e il «ciclo delle tre dame» di Pero Garcia Burgalés»
Autor Marcenaro, Simone
Título La rainha franca, Jeanne de Ponthieu e il «ciclo delle tre dame» di Pero Garcia Burgalés
Otros autores P. Lorenzo Gradín - S. Marcenaro
Título revista/libro El texto medieval: de la edición a la interpretación
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Universidade de Santiago de Compostela
Año 2012
Páginas 211-224
Colección Anexo 68 de Verba
Resumen
O traballo aborda o problema da identificación da «rainha franca» á que se alude na cantiga de amor de Pero Garcia Burgalês «Ai, Deus, que grave coita de sofrer», e da conseguinte datación do texto. En particular, deféndese a hipótese, xa avanzada por Carolina Michäelis, de que a raíña en cuestión é Jehanne de Dammartin, Condesa de Ponthieu e muller de Fernando III de Castela. O autor suxire, ademais, que o texto está relacionado co que chama «ciclo delle tre dame», é dicir as cantigas de amor LPGP 125.17, 125.32, 125.40 e 125.43, nas que se agocha o nome da amada baixo a difracción da tríada feminina Joana, Sancha e Maria. Proponse datar dito ciclo entre a terceira e a cuarta décadas do século XIII, indicando como probable terminus ante quem o ano de 1252, cando Jehanne de Ponthieu, unha vez morto Fernando, abandonou as terras castelás para regresar a Francia. Sulíñase, finalmente, a conveniencia de revisar «la spesso sbrigativa etichetta di poeti della corte alfonsina affibbiata a trovatori il cui raggio d'azione, come nel caso di Pero Garcia Burgalés, vede un'alacre attività lirica già da almeno un decennio precedente l'incoronazione del Rey Sabio» (p. 221). Este sería o caso, asimesmo, dos trobadores Johan Soarez Coelho, Roi Queimado e Johan Garcia de Guilhade
![]()
