«El tetrástico y las series monorrimas en la poesía occitano-catalana medieval»


Autor Mahiques Climent, Joan

Título El tetrástico y las series monorrimas en la poesía occitano-catalana medieval

Título revista/libro Ars Metrica

Año 2012

Volumen 5

Enlace http://ars-metrica.germ-ling.uni-bamberg.de/201205-2/


Resumen
Analiza un conxunto de cinco pezas líricas, anónimas e de carácter relixioso, que foron compostas entre finais do século XIII e inicios do XIV na área cultural catalano-occitana. O traballo aborda cuestións como o emprego, nas diferentes composicións, de recursos de contrafacción, así como a tipoloxía musical e o uso de refrán. Outros recursos expresivos, como o das cobles capdenals ou os bordons enpeutats permiten establecer relación e contraste con procedementos análogos característicos doutras tradicións líricas, tal que o leixapren da lírica galegoportuguesa. Así mesmo, analízase ol uso da rima interna ou a variedade métrica e a presenza de posibles versos irregulares ou insercións, que romperían coa rixidez do tetrástico monorrimo. Salienta, en fin, como os textos analizados testemuñan a consolidación dunha tradición que se vai facendo común a toda Europa ao longo da Baixa Idade Media -de aí que se poidan emprender análises das diversas tradicións líricas cun enfoque comparatista, como o presente-. Igualmente, constátase que a utilización de estrofas monorrimas na lírica catalá posterior ao período trobadoresco explícase tenendo en conta unha perspectiva cultural catalano-occitana. O traballo conclúe coa edición dun dos textos estudados, Ave, mara de Jhesús, regina coronada, que se conserva no ms. 854 da Biblioteca de Catalunya

Loading