«O mundo instrumental do Mestre Mateo»


Autor Luengo, Francisco

Título O mundo instrumental do Mestre Mateo

Otros autores M. Arbor Aldea - F. Luengo - J. M. Salgado - F. Singul

Título revista/libro O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago

Ciudad A Coruña

Editorial Editorial Canela

Año 2021

Páginas 251-429


Resumen
Capítulo dedicado ás mostras escultóricas que se contemplan no románico galego e achegan valiosos indicios sobre a execución musical e a constitución dos propios instrumentos musicais. En particular, preséntanse os instrumentos do Pórtico da Gloria (organistrum, xigas, canon, laúdes, arpas e rotas e violas), coméntase a representación do David da fachada románica que porta unha rota con dez cordas e a do David das Praterías que porta unha viola piriforme de tres cordas. Situado nas proximidades, no Pazo de Xelmírez hai unha colección de músicos con instrumentos nun total de quince ménsulas. Ademais, aténdese á representación dos Anciáns músicos da igrexa de San Xoán ou San Nicolás de Portomarín, no Camiño francés en Lugo, e tamén dos Anciáns con instrumentos que se encontran na fachada occidental de San Lourenzo de Carboeiro, en Silleda. Ampliando a perspectiva e ilustrando o interese da representación de personaxes con instrumentos ou relacionados co mundo do espectáculo musical e da danza, alude a casos concretos localizados no mosteiro lucense do Divino Salvador ou das Bernardas en Ferreira de Pantón, na igrexa de Santo Estevo de Chouzán (en Carballedo), na igrexa de Santo Estevo en plena Ribeira Sacra lucense, na igrexa de San Martiño de Noia. O traballo inclúe, na parte final, un glosario de termos dos instrumentos musicais, o deseño con indicación das partes do organistrum, arpa e viola, ademais dunha rica colección de imaxes brevemente comentadas e de excelente calidade, que serven como ilustración de múltiples aspectos tratados no texto principal do traballo

Loading