«Lecciones de crítica textual o de cómo las Humanidades Digitales se equivocan al editar los textos medievales»


Autor Lucía Megías, José Manuel

Título Lecciones de crítica textual o de cómo las Humanidades Digitales se equivocan al editar los textos medievales

Otros autores I. Dias Barros - M. Santos Alpahão - M. Esperança Pina

Título revista/libro O Medievalismo no século XXI

Ciudad Berlin

Editorial Peter Lang

Año 2020

Páginas 141-156


Resumen
Despois dun breve percorrido pola evolución da tecnoloxía dixital e como esta foi acadando un lugar central no ámbito do coñecemento desde finais do século XX, céntrase na repercusión que o mundo dixital tivo sobre o acceso aos textos. A sorte dispar que tiveron as bibliotecas dixitais virtuais e as bibliotecas dixitais textuais, que en boa medida estivo marcada polo fracaso do proxecto de Google Books, saldouse co triunfo das bibliotecas virtuais e aparición de proxectos como a Biblioteca Dixital Mundial. Outra consecuencia sería a dixitalización de novas ferramentas de consulta e presentación. Finalmente presenta diversos retos que, nun futuro inmediato, encaran as humanidades dixitais e que se relacionan coas demandas da comunidade científica, como a creación de plataformas de edición estandarizadas, a creación de modelos que permitan a edición de textos aberta á inclusión de achegas de futuros lectores e editores e o establecemento de protocolos para o acceso de tipos diversos de lectores. Todo isto implicaría un paso desde un estadio en que se primase o obxecto dixitalizado a outro en que o primordial sería a información que se transmite

Loading