«De MedDB a PalMed: bases de datos para el estudio integral de la lírica gallego-portuguesa»
Autor Lorenzo Gradín, Pilar - Santiago Gómez, Carmen de
Título De MedDB a PalMed: bases de datos para el estudio integral de la lírica gallego-portuguesa
Título revista/libro Revista de Poética Medieval
Año 2019
Volumen 33
Páginas 25-50
Enlace https://recyt.fecyt.es/index.php/revpm/article/view/72419/pdf_16
Resumen
Hai dúas décadas que se publicou na rede MedDB: Base de datos da lírica profana galego-portuguesa, co obxectivo de achegar á comunidade científica o corpus da tradición poética do occidente ibérico dun xeito sinxelo e áxil. As ventaxas logradas paulatinamente coa actualización da ferramenta determinaron a necesidade de introducir novas opcións de busca e, á vez, deron conta da importancia que supón a actualización constante do recurso para axustalo ás esixencias e usos da nova era dixital. A presente contribución reflicte como MedDB adaptou de maneira progresiva a súa codificación, contidos e posibilidades para facilitar as pescudas dos usuarios. Precisamente a experiencia no emprego e explotación da base de datos puxo de manifesto que cumpría complementala con outra que recollese as transcricións paleográficas dos códices. O desenvolvemento do obxectivo marcado levou ao deseño do novo proxecto que aquí se presenta: PalMed. Dito recurso pretende facilitar a realización de diversos tipos de estudo (sobre todo, paleográficos, grafemáticos e lingüísticos) a través da navegación por diferentes interfaces, que farán posible que os investigadores examinen a información vertida na base de datos ao mesmo tempo que os manuscritos
![]()
