«El Tumbo Viejo de Lugo (Transcripción completa)»


Autor López Sangil, José Luis - Vidán Torreira, Manuel

Título El Tumbo Viejo de Lugo (Transcripción completa)

Título revista/libro Estudios Mindonienses. Anuario de Estudios Histórico-Teológicos de la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol

Año 2011

Volumen 27

Páginas 11-373


Resumen
Os autores destacan o interese histórico e documental deste cartulario, depositado actualmente no Archivo Histórico Nacional de Madrid (cota 1043B), o que consideran clave para o estudo da historia de Galicia, especialmente, porque a sé luguesa, ao ser anterior á fundación de Santiago, bota luz sobre acontecementos da Alta Idade Media galega que non proporcionan as fontes compostelás. O Tumbo lugués está formado por un volume de 74 folios de pergameo, nos que se conteñen 145 documentos latinos transcritos polo crego Juan Pérez cara a 1231. Contén documentación comprendida entre mediados do século VI e 1286. Os autores consideran así mesmo outros cartularios relacionados co Tumbo Vello, como o Tumbo Novo (ou Tumbillo) de Lugo, que se conserva no Arquivo Catedralicio de Lugo, ou o Tumbo Novo da Igrexa de Lugo, depositado tamén no Archivo Histórico Nacional. As normas de transcrición seguen as propostas da Comisión Internacional de Diplomática (1984), mentres que ao final se ofrece unha táboa de correspondencias entre os documentos do Tumbo Vello e o Tumbillo

Loading