«Diego Gelmírez, las raíces del Liber Sancti Jacobi y el Códice Calixtino»


Autor López Alsina, Fernando

Título Diego Gelmírez, las raíces del Liber Sancti Jacobi y el Códice Calixtino

Otros autores coord. F. López Alsina - H. Monteagudo - R. Villares - R. Yzquierdo Perrín

Título revista/libro O século de Xelmírez

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Consello da Cultura Galega

Año 2013

Páginas 301-386


Resumen
Estuda o Liber Sancti Jacobi insertándoo nas circunstancias históricas que motivaron a súa composición e que deben entenderse no contexto das reivindicacións da Sé compostelá entre os séculos XI e XII. Estas conduciron ao seu recoñecemento como sé arcebispal, aínda que tamén están marcadas polo cambio que se produciu, a partir de 1049, nas relacións entre Santiago e o Papado. O traballo está estruturados en varios apartados, que comezan abordando a historia da sé de Iria-Compostela, o xurdimento do relato sobre a expedición de Carlomagno a España e a introdución da nova liturxia e como esta lle afectou á devandita sé bispal. O autor centra logo a súa atención no período en que Xelmírez exerce como bispo, no que se sitúa a realización dunha primeira versión do Liber Sancti Jacobi. Séguelle a consideración da etapa arcebispal de Xelmírez, durante a que se redacta unha versión ampliada do Liber, a Historia Compostellana ou o Tumbo A. O traballo péchase cunha sección na que se considera a sorte do Liber tras a morte de Xelmíez. O percorrido que así se traza reflicte o ascenso da diócese de Santiago dende a súa condición provincial ata chegar a ser unha rival da propia Roma, tendo presente o auxe das peregrinacións xacobeas, os conflitos políticos contemporáneos (por exemplo, a inestabilidade durante os reinados de Afonso I o Batallador e Urraca e a minoridade de Afonso VIII), así como a competencia con outros centros de devoción, como León. Entre as obras que se teñen en conta ao longo do estudo, ademais do Liber Sancti Jacobi, atópanse o Chronicon Iriense, a Crónica do Pseudo-Turpín, o Chronicon Compostellanum ou a Historia Compostellana

Loading