«El rey de Hispania, la señora Lupa y el sepulcro del Apóstol Jacobo. Estructura y génesis de una leyenda hagiográfica»


Autor Llinares García, Mar - Bermejo Barrera, José Carlos

Título El rey de Hispania, la señora Lupa y el sepulcro del Apóstol Jacobo. Estructura y génesis de una leyenda hagiográfica

Título revista/libro Boletín Auriense

Año 2017

Volumen 47

Páginas 9-48


Resumen
Os autores parten da lenda recollida nos Acta Sanctorum, da que ofrecen un resumo preliminar e á que lle aplican o modelo de análise de Kenneth Burke, baseado na distinción entre cinco elementos constitutivos da narración (acto, escena, axente, medios e fin). Ademais, comparan a versión que ofrecen os bolandistas coa que se contén na Historia Compostellana, dun ton menos fantástico. Pero, tendo en conta así mesmo a súa condición de relato haxiográfico, procuran explicala á luz doutros relatos sobre a cristianización de terras pagás, como aqueles que contan a evanxelización dos pobos nórdicos e xermánicos, dos anglosaxóns ou dos irlandeses, pero tamén coas lendas haxiográficas vinculadas á localización de reliquias de santos. A condición haxiográfica, por outra banda, permite a identificación dunha serie de dez motivos narrativos presentes nas narracións mitolóxicas do Oriente antigo, de Grecia, Roma e a Alta Idade Media (neste particular, seguen o esquema trazado por J. Fontenrose para os relatos sobre o culto de Apolo en Delfos). O resultado permite reavaliar a lenda da raíña Lupa no contexto das tradicións sobre a predicación de Santiago en Hispania e os relatos sobre a súa traslación a Galicia, atendendo así mesmo á asociación con elementos da tradición popular, como as relativas ao Pico Sacro, o pozo de San Xoán ou ás figuras das mouras e os habitantes sobrenaturais dos castros. No traballo atópanse alusións aos Acta martyrum, ao poema In Sancti Iacobi de Aldhelm de York ou o Codex Calixtinus

Loading