«The European Affiliations of MS Porto BPM 1151»
Autor Helsen, Kate
Título The European Affiliations of MS Porto BPM 1151
Otros autores M. P. Ferreira
Título revista/libro Musical Exchanges, 1100-1650: Iberian Connections
Ciudad Kassel
Editorial Reichenberger
Año 2016
Páginas 59-68
Colección Iberian Early Music Studies, 2
Resumen
Valora a posible procedencia dese manuscrito, para o que propón tres posibilidades: Santa Cruz de Coimbra, Braga e Galicia, quizais Santiago de Compostela. A autora desbota a primeira opción, a pesar de que o manuscrito do Porto estivo depositado nese mosteiro antes de pasar aos fondos da Biblioteca Pública Municipal portuense. Tamén rexeita a orixe bracarense, aínda que o breviario do Porto contén claros trazos en común con breviarios e antifonarios de Braga. Porén, as vinculacións máis evidentes establécense con exemplares procedentes de Galicia, como Santiago e Ourense, aínda que remiten a un contexto europeo acorde co ambiente cosmopolita da sé compostelá. O traballo conclúe propoñendo unha cuarta posibilidade, que é que o breviario do Porto procedese desta última cidade, segundo unha hipótese formulada recentemente polo Prof. M. P. Ferreira
![]()
