«As Cantigas de Santa María: obra mestra das orixes da historieta»


Autor Harguindey, Breixo

Título As Cantigas de Santa María: obra mestra das orixes da historieta

Título revista/libro Boletín Galego de Literatura

Año 2006

Volumen 35

Páginas 47-60


Resumen
Dende a consideración das Cantigas de Santa María como un «acontecemento multimedia», que abrangue literatura, música e imaxe, o autor centra a súa atención no emprego das miniaturas con vontade narrativa, o que as inserta no xénero da banda deseñada. Dentro deste constituirían, xa que logo, unha das súas obras máis sobranceiras en todo Occidente. Aplícalles ás imaxes que compoñen o cancioneiro miraculístico afonsí as ferramentas que ofrece a teoría da banda deseñada, revelando así a sofisticación, tamén neste pormenor, da obra de Afonso X

Loading