«El fin del trovadorismo gallegoportugués en el marco de la lírica románica. Un análisis comparado y algunas cuestiones de historiografía literaria»
Autor Gutiérrez García, Santiago
Título El fin del trovadorismo gallegoportugués en el marco de la lírica románica. Un análisis comparado y algunas cuestiones de historiografía literaria
Título revista/libro Revista de Cancioneros Impresos y manuscritos
Año 2013
Volumen 2
Páginas 61-87
Resumen
Revisa a tese sobre o final da lírica galegoportuguesa, a partir de preceptos teóricos da historiografía literaria e de conceptos como os de periodización e data clave. En concreto, cuestiona a tese catastrofista, que adopta 1354 como data simbólica de extinción desa escola poética, poñendo en relación tal recurso narrativo coa condición periférica do sistema literario galego. Por outra banda, procede a unha análise comparada da fin doutras tradicións trobadorescas europeas -como a occitana, a do norte de Francia ou a siciliana- e o tratamento que así mesmo reciben nas súas respectivas tradicións historiográficas. Esta análise comparada permite insertar a evolución do lirismo galegoportugués no amplo contexto da renovación literaria que ten lugar no Occidente europeo entre a segunda metade do século XIII e a primeira metade do XIV
![]()
