«Uso y función del verso alejandrino en las Cantigas de Santa María»


Autor González-Blanco García, Elena - Río Riande, Mª. Gimena del

Título Uso y función del verso alejandrino en las Cantigas de Santa María

Título revista/libro Ars Metrica

Año 2012

Enlace http://ars-metrica.germ-ling.uni-bamberg.de/201205-2/uso-y-funcion-del-verso-alejandrino-en-las-cantigas-de-santa-maria/


Resumen
Os estudos que sobre o verso alexandrino se levaron a cabo en España tenderon a centrar a atención na súa aparición formando tetrásticos monorrimos, que se adoita relacionar co denominado como mester de clerecía. Porén, esta constitúe unha visión reducionista, xa que as estrofas con alexandrinos gozaron dunha ampla tradición noutras líricas europeas e remontaban na súa orixe á lírica rítmica mediolatina. O presente traballo parte destas consideracións e afonda na relación que se establece entre a poesía mediolatina e as Cantigas de Santa María, en tanto que representantes do emprego dese verso na tradición galegoportuguesa. Para este fin, as autoras illan un corpus de dezaseis composicións que empregan versos de trece sílabas, cuxos esquemas métricos analizan, e a continuación estudan o aspecto temático e as fontes nas que se inspiraron, como xeito de comprender a función expresiva que nelas asume o alexandrino. Constátase, así, a predominancia das cantigas narrativas, así como, baixo unha perspectiva métrica, as que empregan esquemas de tipo zexelesco. O alexandrino, xa que logo, inscríbese nunha poética da creación e re-creación, da que tamén participaría a lírica profana galegoportuguesa. Tal é o que demostrarían cantigas de Pero da Ponte, Pero Mafaldo, Johan Soarez Coelho, Airas Nunes ou Afonso X, entre outros

Loading