«Ome que entençon furt’a seu amigo semelha ramo de deslealdade»
Autor González Fernández, Déborah
Título Ome que entençon furt’a seu amigo semelha ramo de deslealdade
Otros autores M. Brea - E. Corral Díaz - M. A. Pousada Cruz
Título revista/libro Parodia y debate metaliterarios en la Edad Media
Ciudad Alessandria
Editorial Edizioni dell'Orso
Año 2013
Páginas 233-248
Colección Medioevo Ispanico
Resumen
O traballo ábrese cunhas consideracións sobre a imitación literaria na preceptiva clásica, que a admite como unha oportunidade para crear a partir dunha tradición, e sobre a tensión entre orixinalidade e plaxio. A autora céntrase de seguido na lírica galegoportuguesa e nas posibilidades de exercer a imitatio de que dispoñía esta escola poética, na que mesmo se recoñecía un xénero, a cantiga de seguir, para esta técnica. A última parte aborda diversos exemplos de imitación entre trobadores galegportugueses, pero entendida neste caso como apropiación indebida dunha creación allea, é dicir como plaxio. Os textos analizados son «Pero da Pont'á feito gran pecado» de Afonso X, «Jograr, tres cousas avedes mester» de Gil Perez Conde e a tensó entre Lourenço e Johan Soarez Coelho «Quen ama Deus, Lourenç'ama verdade». Porén, tamén se aluden a outros textos interesados neste xénero de disputas, como a resposta que Johan Garcia de Guilhade lle dirixiu a Lourenço tras a tensó anterior («Par Deus, Lourenço, mui desaguisado») ou «Maestre, todolos vossos cantares» de Gonçal'Eanes do Vinhal
![]()
