«Para uma geografia de jurisdições: o religioso e o militar na região de Portel»
Autor Garcez Ventura, Margarida
Título Para uma geografia de jurisdições: o religioso e o militar na região de Portel
Título revista/libro Iacobvs. Revista de Estudios Jacobeos y Medievales
Año 2006
Volumen 21-22
Páginas 201-224
Resumen
Estudo das relacións que mantivo a igrexa da Santa Cruz de Marmelar, na rexión de Portel, coa catedral de Évora, marcadas pola progresiva conflitividade que mantiveron o templo hospitalario e o bispado eborense. Á marxe do interese que ten o estudo dos diversos ámbitos de poder enfrontados na rexión (por un lado, o poder rexio, no que se apoiaron os freires hospitalarios, e, por outro, o bispo e o cabido de Évora) e dos que se ofrecen noticias do século XIII en adiante, non está de máis lembrar que a igrexa da Santa Cruz foi fundada por Johan Perez de Avoym, trobador galegoportugués integrado na corte de Afonso III o Boloñés, ao que se fai referencia en diversas ocasións ao longo do traballo
![]()
