«Female Voices in the Cantigas de escarnio e de mal dizer: Index and Commentary»
Autor Filios, Denise K.
Título Female Voices in the Cantigas de escarnio e de mal dizer: Index and Commentary
Título revista/libro Bulletin of Spanish Studies
Año 2004
Volumen LXXXI
Fascículo 2
Páginas 135-155
Resumen
Salienta o escaso relevo que ten a voz feminina no corpus escarniño galegoportugués, en contraste co que sucede no xénero das cantigas de amigo e a pesar da importancia que no xénero satírico acada a muller como personaxe. Entre os factores que inflúen nesta situación sinala a tendencia desta escola lírica a identificar xénero sexual e xénero poético, coas conseguintes implicacións para a voz do discurso poético, e a actitude xeralmente hostil dos homes cara ás mulleres nas cantigas de escarnio e maldicir. Repasa a continuación as diversas situacións ilocutivas -monolóxicas e dialóxicas- que xorden cando a muller asume a voz enunciativa no xénero de burlas. O traballo inclúe en apéndice as referencias de todas as cantigas nas que tal situación se produce
![]()
