«Cantigas de amor para Santa María»


Autor Fidalgo, Elvira

Título Cantigas de amor para Santa María

Otros autores J.-C. Conde - E. Gatland

Título revista/libro Gaude Virgo Gloriosa. Marian Miracle Literature in the Iberian Peninsula and France in the Middle Ages

Ciudad London

Editorial University of London - Department of Iberian and Latin American Studies

Año 2011

Páginas 87-106


Resumen
Estudo da adopción do léxico e do repertorio de topoi propios da lírica profana (esencialmente de temática amorosa) por parte das cantigas de loor marianas, para crear así cantigas amorosas ao divino. Por medio do análise do segundo prólogo das Cantigas de Santa María e das cantigas núm. 10, 130, 140, 260, 401 e 200, delimítanse aqueles motivos que derivan da lírica profana amorosa, aínda que suliñando unha diverxencia fundamental con respecto ao modelo: a distinta tonalidade das cantigas marianas, debido á diferente actitude da «dama» loada. É dicir, que a coita amorosa que sofre o trobador é substituída polo ton xubiloso, a causa da actitude misericordiosa de Nosa Señora cara ao seu poeta. Conclúe a autora que a intención última de Afonso X quizais fose o desexo de renovar a tópica galegoportuguesa, trocando a altiva dama provenzal pola benfeitora María

Loading