«Os efectos do amor segundo os trobadores do Cancioneiro da Ajuda»
Autor Fidalgo, Elvira
Título Os efectos do amor segundo os trobadores do Cancioneiro da Ajuda
Otros autores M. Brea
Título revista/libro Carolina Michaëlis e o Cancioneiro da Ajuda, hoxe
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Xunta de Galicia - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Año 2005
Páginas 281-308
Resumen
Parte da relación que a lírica galego-portuguesa establece coa lírica occitana, na que, a pesar de que o sentimento de ledicia (o joi) está no centro da casuística amorosa, a coita ten tamén un lugar de consideración, que aumenta a medida que se suceden as diferentes xeracións poéticas. A prevalencia da coita na lírica galego-portuguesa proviría da asunción da poética occitana serodia, o que sitúa o joi como solución minoritaria dos xéneros amorosos, tal e como se observa no Cancioneiro da Ajuda, que reúne exclusivamente cantigas de amor. Deste modo, a autora analiza o tratamento que as cantigas de Ajuda ofrecen dos tópicos amorosos, tento presente que a aparente homoxeneidade dos xéneros líricos peninsulares non impide formulacións concretas que enriquecen o discurso canónico. A partir do motivo central da coita, analiza outras actitudes derivadas dela, como a turbación dos sentidos, a loucura e a morte
![]()
