«O portal Universo Cantigas: antecedentes, desenvolvemento e dificultades»
Autor Ferreiro, Manuel
Título O portal Universo Cantigas: antecedentes, desenvolvemento e dificultades
Otros autores coord. I. Tomassetti. Ed. R. Alviti -A. Garribba -M. Marini -D. Vaccari. Colab. M. Nogués - I.Turull
Título revista/libro Avatares y perspectivas del medievalismo ibérico
Ciudad San Millán de la Cogolla
Editorial Cilengua
Año 2019
Volumen 2
Páginas 1633-1644
Colección Instituto Literatura y Traducción, 23. Miscelánea, 10
Resumen
Entre 2010 e 2015 foi confeccionado o Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa, accesíbel en http://glossa.gal, a partir de dous proxectos sucesivos financiados polo Ministerio de Ciencia y Tecnología e polo Ministerio de Economía y Competitividad, respectivamente. O proxecto, finalizado en decembro de 2015, foi desenvolvido por un equipo que, con algunhas modificacións, acometeu desde xaneiro de 2016 a terceira parte do proxecto (FFI2015-63523-P), a edición dixital das cantigas de amor, un proxecto apoiado polo Ministerio de Ciencia y Tecnología. Neste traballo farase unha presentación do portal www.universocantigas.gal, que comezará a funcionar proximamente, e que será de acceso libre para a comunidade investigadora e, en xeral, para todas as persoas interesadas na lírica medieval. A partir do antecedente de glossa.gal, cuxas funcionalidades e contidos son absorbidos pola nova web, mostrarase o funcionamento do portal, expoñeranse as dificultades e problemas xurdidos durante a súa construción e concluirase coa relación de propostas de futuro
![]()
