«Uma anomalia na língua trovadoresca galego-portuguesa: sobre os casos de conservação de -L- intervocálico»
Autor Ferreiro, Manuel
Título Uma anomalia na língua trovadoresca galego-portuguesa: sobre os casos de conservação de -L- intervocálico
Título revista/libro Virtual Center for the Study of Galician-Portuguese Lyric
Año 2013
Volumen 1
Enlace https://blogs.commons.georgetown.edu/cantigas/files/2013/07/Ferreiro-Anomalia-Article.pdf
Resumen
Aínda que a perda do -l- intervocálico latino é un fenómeno lingüístico xeral no galego, as cantigas trobadorescas mantéñeno ás veces. O autor escolle tres casos nos que isto sucede: o mantemento en color (< lat. COLOREM), que se documenta en alternancia con coor; formas anómalas procedentes do lat. SALIRE; e as formas procedentes do lat. ILLUM / ILLOS / ILLAM / ILLAS, con función de artigo ou de pronome, que poden respectar ese -l- cando non é posible asimilar o fonema lateral á consoante coa que remata a palabra anterior. O corpus estudado cínguese ao da lírica profana, aínda que tamén se fan referencias illadas ás Cantigas de Santa María. Conclúe que cómpre relacionar estes casos de conservación anómala cos análogos de mantemento do -n- intervocálico. En ambos casos obedecerían a unha escolla con fins estéticas por parte dos autores que os empregan. Constituirían un recurso retórico asociado ás cantigas de amigo, do mesmo xeito que outros arcaísmos lingüísticos, como sedia ou eno
![]()
