Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa
Autor Ferreiro, Manuel
Título Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa
Año 2014
Enlace http://glossa.illa.udc.es/
Resumen
Recurso en liña desenvolvido polo Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) da Universidade da Coruña, baixo a dirección de M. Ferreiro, que constitúe o primeiro repertorio deste xénero que reúne todo o corpus léxico da lírica profana galegoportuguesa. A metodoloxía adoptada segue a que empregaran Walter Metmann, no vocabulario da súa edición das Cantigas de Santa María, e Carolina Michaëlis, no que acompañaba a súa edición do Cancioneiro da Ajuda. Para o que atinxe á reprodución dos textos poéticos, adóptanse as Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa medieval, que publicou a Universidade da Coruña en 2007, e que propoñen unha regularización gráfica que procura non alterar a esencia lingüística dos textos. Pola súa banda, a ordenación das cantigas segue o sistema que establecera J.-M. d'Heur, de acirdo coa ubicación das pezas poéticas nos cancioneiros. O que vén de saír á luz en marzo de 2014 é aínda unha parte do que será o proxecto no seu conxunto. Polo de agora son consultables as entradas correspondentes á letras A-B e calcúlase que en decembro de 2015 será asequible todo o léxico trobadoresco
![]()
