«Sobre a posibilidade de elisión vocálica da conxunción se na poesía profana galego-portuguesa»
Autor Ferreiro, Manuel
Título Sobre a posibilidade de elisión vocálica da conxunción se na poesía profana galego-portuguesa
Título revista/libro Verba. Anuario Galego de Filoloxía
Año 2013
Volumen 40
Páginas 453-470
Resumen
Retoma o debate arredor da sinalefa no lirismo galegoportugués e da resistencia a aplicar esta licenza métrica por parte dos trobadores desta tradición poética. A inexistencia de crase da conxunción se fora xa advertida por Oskar Nobiling e, máis tarde, por Celso Ferreira da Cunha, quen sistematizou as conclusións apuntadas por Nobiling, aínda que foi relativizada por Tavani. O autor revisa a validez da tese de Cunha, analizando os casos en que a devandita conxunción aparece nos cancioneiros galegoportugueses, e confronta os resultados coas decisións adoptadas polos editores actuais. Conclúe que, en efecto, Cunha tiña razón, polo que cómpre revisar os criterios empregados en non poucas das edicións críticas contemporáneas, a comezar polos que adoptou Carolina Michaëlis na súa edición do Cancioneiro da Ajuda
![]()
