«Aqui, alá, alhur: reflexões sobre poética do espaço e coordenadas do poder na cantiga de amigo»
Autor Ferreira, Maria do Rosário
Título Aqui, alá, alhur: reflexões sobre poética do espaço e coordenadas do poder na cantiga de amigo
Otros autores M. Brea - S. López Martínez-Morás
Título revista/libro Aproximacións ao estudo do Vocabulario trobadoresco
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia
Año 2010
Páginas 209-227
Resumen
A representación do espazo que levan a cabo as cantigas de amigo sería unha característica deste xénero que aparece dende as súas primeiras manifestacións, coas pezas de Fernan Rodrigues de Calheiros, Bernal de Bonaval e Vasco Praga de Sandin, aos que a autora considera os seus primeiros cultivadores. As posibilidades que ofrece a representación do espazo van dende o emprego de deícticos, como fai Calheiros, ao de topónimos, que xa designan lugares físicos concretos e que incluirían as referencias ás ermidas, propias das cantigas de santuario. Outros ámbitos simbólicos, deseñados a través das referencias espaciais serían o mar, o monte, a fonte ou a vila. Saliéntase tamén a función que todos estes lugares desempeñan e a relación que manteñen cos personaxes que forman parte do universo ficcional deste tipo de cantigas: a amiga, as irmás, a nai, o amigo, etc. Menciónanse, así mesmo, composicións de Pero Meogo, Airas Carpancho, Johan Zorro, Afonso X ou Don Denis
![]()
