«Emulation and Hybridation in Iberia: A Medieval Background»


Autor Ferreira, Manuel Pedro

Título Emulation and Hybridation in Iberia: A Medieval Background

Otros autores M. P. Ferreira

Título revista/libro Musical Exchanges, 1100-1650: Iberian Connections

Ciudad Kassel

Editorial Reichenberger

Año 2016

Páginas 3-17

Colección Iberian Early Music Studies, 2


Resumen
Traza un percorrido histórico do lugar, supostamente periférico, que ocupou a Península Ibérica na cultura musical occidental durante a Idade Media. O autor advirte de que a concepción da Península como periferia está condicionada en boa medida porque dende o século XVIII a historia da música só recoñece en Europa tres tradicións musicais centrais: a italiana, a francesa e a alemá. O traballo remóntase á caída de Imperio Romano e o xurdimento do rito hispano, ao que lle nega unha condición periférica. O situación cambia coa conquista musulmá, que si establece a dependencia da Península respecto a un centro afastado, o do Califato, en Damasco e Bagdad. A introdución do canto gregoriano nos reinos hispánicos cristiáns reconfigura a posición da Península no Occidente. O autor repasa as repercusións que traeu este cambio no desenvolvemento do canto litúrxico, da música trobadoresca e das cancións populares e devocionais, entre as que se alude ás Cantigas de Santa María. O traballo remata cos primeiros pasos da música polifónica, nos que se contaría o Codex Calixtinus, así como a chegada de novas influencias italianas a través da Coroa de Aragón

Loading