«Understanding the Cantigas: Preliminary Steps»
Autor Ferreira, Manuel Pedro
Título Understanding the Cantigas: Preliminary Steps
Otros autores M. Pletsch
Título revista/libro Analizar, interpretar, hacer música de las Cantigas de Santa María a la organología. Escritos in memoriam Gerardo V. Huseby
Ciudad Buenos Aires
Editorial Gourmet Musical Ediciones
Año 2013
Páginas 127-152
Resumen
Comeza avaliando a cuestión das fontes, é dicir dos datos que fornecen os mss. T, (BNE 10069), To (T. I. 1) e E (b. I. 2) das Cantigas de Santa María, e como foron interpretados por estudosos previos, especialmente por Higinio Anglés. Pasa logo a considerar os problemas que presentan estes códices cando se queren estudar a súas notacións musicais, como por exemplo, o emprego de dous sistemas diferentes de notación, para cuxa adopción serían decisivas tanto as influencias foráneas, sobre todo francesas, como a pegada da tradición musical que existía daquela na Península. Outras consideracións céntranse na análise do paradigmas rítmicos do cancioneiro mariano ou na importancia dos recursos mnemotécnicos. Remata con diferentes suxestións que cumpriría ter en conta para unha posible edición da notación musical das Cantigas, entre as que destacan a necesidade de non illar a edición do rexistro musical e do texto da composición, tendo moi presente, por exemplo, a articulación silábica deste último
![]()
