«Notas sobre o texto e a copia dalgunhas cantigas galego-portuguesas: una errata divisione dei versi»


Autor Fernández Guiadanes, Antonio - Pérez Barcala, Gerardo

Título Notas sobre o texto e a copia dalgunhas cantigas galego-portuguesas: una errata divisione dei versi

Otros autores M. Brea

Título revista/libro «Pola melhor dona de quantas fez nostro Senhor». Homenaxe á Profesora Giulia Lanciani

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Año 2009

Páginas 189-223


Resumen
A partir dos datos que proporcionan os repertorios métricos da lírica trobadoresca (o de Frank para a occitana e o de Tavani para a galegoportuguesa), os autores detéñense naquelas cantigas que, pola lonxitude dos seus versos, foron editadas con versos longos ou curtos. O artigo, daquela, intenta deducir cal foi a disposición orixinal deste tipo de versos, tendo en conta a estrutura das composicións analizadas, así como os hábitos de copia utilizados nos cancioneiros galegoportugueses, concluíndo que os versos longos forman unha unidade métrica e retórica e que non deben editarse fragmentados. As repercusións desta disposición gráfica aféctanlle ao labor ecdótico, que constitúe a edición dos textos, pero tamén á análise retórica, en particular ao estudo dos recursos paralelísticos. Estúdanse cantigas de Fernand’Esquio, Don Denis, Lopo Lians, Martin Codax, Nuno Treez, Pae Cana e Pero da Ponte

Loading