«O (des)ensandecemento trobadoresco»
Autor Fernández Guiadanes, Antonio - Pérez Barcala, Gerardo
Título O (des)ensandecemento trobadoresco
Título revista/libro Verba. Anuario Galego de Filoloxía
Año 2005
Volumen 32
Páginas 191-224
Resumen
Estuda o topos da loucura amorosa na lírica galegoportuguesa a través do vocablo ensandecer e outros termos da súa familia léxica, como desensandecer ou cobrar o sen. A análise revela cuestións de tipo estilístico, que axudan a precisar o significado deste aspecto da casuística amorosa, pero tamén relacións intertextuais no seo desta tradición lírica peninsular. Así, por unha parte, os autores salientan como, no seo da literatura galegoportuguesa medieval, os devanditos termos só se empregan no corpus poético trobadoresco, mentres que, por outra, observan o lugar central que no seu uso ocupan tres autores portugueses da segunda metade do século XIII e a primeira do XIV: Estevam Fernandiz, Estevan da Guarda e Gonçal'Eanes do Vinhal
![]()
