«Dúas notas sobre a transmisión manuscrita da lírica profana galego-portuguesa»
Autor Fernández Guiadanes, Antonio
Título Dúas notas sobre a transmisión manuscrita da lírica profana galego-portuguesa
Otros autores E. Corral Díaz - E. Fidalgo Francisco - P. Lorenzo Gradín
Título revista/libro Cantares de amigos. Estudos en homenaxe a Mercedes Brea
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Universidade de Santiago de Compostela
Año 2016
Páginas 369-376
Resumen
Analízanse dúas cuestión complexas relativas á tradición da lírica profana galegoportuguesa. En primeiro lugar, céntrase na problemática que afecta ao caderno 9 do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B), consistente nun binión (ff. 69-72). Entre os folios 69v e 70r non hai unha continuación, senón que, confrontando os datos da Tavola Colocciana, habería un baldeiro de corenta e tres cantigas. Segundo explica o autor, o reclamo «Et nõ soub» foi posto en relación por Ferrari («Formazione e struttura») co v. 8 dunha cantiga de Vasco Gil («Non soube que x'era pesar», A155), «Non ar soube parte d'afán». Para M. A. Ramos (O Cancioneiro da Ajuda. Confecção e escrita, 2008), podería corresponder ao íncipit ou ao v. 8 desta composición. Cando B foi sometido a un proceso de restauración en 1995, efectuouse unha reformación e reestructuración do caderno 9, polo que Fernández Guiadanes suxire que talvez fose apropiado proceder a unha «rerre-formación e rerre-estrutura do caderno», xa que considera que o reclamo «Et nõ soub» podería asociarse ao v. 71 da cantiga Meus amigos, qué sabor avería (A159), de Joan Soarez Coelho: «e nõ soubessen por quen me dizia». En segundo lugar, céntrase na relación entre o Pergamiño Sharrer (T) e os cancioneiros B e V, suxerindo a posibilidade de identificar T co antecedente de B e V para esas cantigas do rei portugués
![]()
