«Da articulación textual nos testemuños da lírica profana galegoportuguesa»


Autor Fernández Guiadanes, Antonio

Título Da articulación textual nos testemuños da lírica profana galegoportuguesa

Título revista/libro Revista de Cancioneros Impresos y Manuscritos

Año 2012

Volumen 1

Páginas 105-160

Enlace http://www.cancioneros.org/adjuntos/rcim/1/RCIM%201%20-%20Antonio%20Fern%C3%A1ndez%20Guiadanes.pdf


Resumen
Describe o sistema de marcas de división textual que empregan os diferentes testemuños da tradición textual galegoportuguesa, tanto cancioneiros como testemuños fragmentarios. Tales marcas deseñan un sistema de estruturación textual ligado á ordinatio do material que conforman os cancioneiros trobadorescos. Ten en conta, para isto os mecanismos formais que permiten facer visible as sucesivas divisións do texto, entre os que se inclúen miniaturas, letras maiúsculas, tinta de varias cores, letras con ornamentación, diferentes tipos de fuente, etc. O traballo organízase de acordo coa presenza deste material gráfico tan variado nos diferentes testemuños da tradición galegoportuguesa, atendendo dentro delas, como sucede no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, ao usos escriturarios dos copistas. As conclusións que se extraen dunha análise deste xénero permiten indagar sobre o sistema de copia dos cancioneiros e de estruturación de materiais, a intervención dos amanuenses coloccianos e do propio Colocci ou a disposición dos antecedentes dos cancioneiros conservados. Tales conclusións aféctanlles a disciplinas como a codicoloxía, a paleografía ou a crítica textual

Loading