«Da articulación textual nos testemuños da lírica profana galego-portuguesa»
Autor Fernández Guiadanes, Antonio
Título Da articulación textual nos testemuños da lírica profana galego-portuguesa
Título revista/libro Revista de Cancioneros, Impresos y Manuscritos
Año 2012
Volumen 1
Páginas 105-160
Resumen
Estudo da organización e estructuración das cantigas profanas galego-portuguesas nos cancioneiros de época trobadoresca e nos apógrafos italianos do século XVI. Analízase a distribución do texto na páxina e os espazos, así como os tipos de letra, cores e miniaturas que serven para diferenciar seccións, poemas ou partes dunha mesma composición (a estructura da cantiga). As tres testemuñas de época trobadoresca que se presentan son o Cancioneiro de Ajuda, o Pergamiño Vindel e o Pergamiño Sharrer. Varias ilustracións exemplifican o patrón que segue o copista en cada caso. As testemuñas do século XVI, portadoras dun gran número de cantigas, son o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Mentras que no primeiro consta a intervención de seis copistas diferentes (analizados con detalle), no segundo caso cómpre falar dun único copista. Nas dúas coleccións perdeuse a riqueza e variedade de cores na tinta das iniciais de cantiga, cobra, refrán, etc. Está claro que estes apógrafos italianos tiveron un modelo que lles transmitiu unha ordinatio determinada, feito que non se pode afirmar das testemuñas conservadas provenientes da época trobadoresca
![]()
