«Contribución para os datos biográficos do trobador Pero d'Armea»
Autor Fernández Campo, Francisco
Título Contribución para os datos biográficos do trobador Pero d'Armea
Otros autores E. Corral Díaz - E. Fidalgo Francisco - P. Lorenzo Gradín
Título revista/libro Cantares de amigos. Estudos en homenaxe a Mercedes Brea
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Universidade de Santiago de Compostela
Año 2016
Páginas 357-368
Resumen
Ofrécese un estudo sobre a figura histórica do trobador Pero d'Armea. En primeiro lugar, aténdese á forma en que o antropónimo aparece rexistrado nos cancioneiros B e V, así como na Tavola Colocciana, para, a continuación, expoñer unha relación de topónimos galegos asociables ao sobrenome do autor. Porén, segundo o autor, os datos que fornece a documentación medieval só permiten a formulación de hipóteses en relación á orixe. Así, pode conxecturarse que Pero d'Armea foi un xograr galego, talvez de San Tirso de Ambroa, no concello de Coirós (A Coruña), pero que se contextualizaría na área de influencia dos mosteiros de Monfero, Caaveiro e Sobrado. Porén, non pode desestimarse a posibilidade dunha orixe mindoniense. Por último, faise referencia ao círculo social e literario ao que puido vincularse. Estimando a súa relación con Pero d'Ambroa, desenvolvería a súa actividade poética no segundo e terceiro cuarto do século XIII e talvez estivo en contacto co círculo señorial de Rodrigo Gomez de Trastámara. Neste sentio, parece en relación indirecta cos trobadores Pero Garcia Burgalês e Roi Paez de Ribela e pode ser que coñecese a Pedr'Amigo de Sevilha e a Maria Perez Balteira. Así mesmo, considérase a hipótese de que participase nas campañas de Córdoba e Sevilla, formando parte da hoste de Rodrigo Gomez
![]()
